O BNG pide que se permita vender as capturas almacenadas de marraxo dientuso

A formación nacionalista lembra que as pezas foron capturadas "legalmente" e que a prohibición da súa venda dana á frota galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2021 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

O BNG reclamou que o Ministerio de Transición Ecolóxica (MITECO) rectifique a súa proposta de 'capturas cero' de marraxo dientuso e permita a comercialización das capturas xa almacenadas e capturadas pola frota galega "legalmente".

A formación nacionalista xustificou a súa petición coa publicación da posición da Comisión Europea, que recomenda a saída das capturas almacenadas desta especie. "Este cambio de política pesqueira beneficiaría ao sector palangreiro de Galicia, xa que daría saída ás toneladas pescadas de forma legal durante o 2020", explicou o BNG nun comunicado.

"A Comisión considera que a prohibición de venda e retención total provoca un quebrantamento económico para a frota e non ten demostrado beneficios ambientais", explicou o deputado do BNG no Congreso.

O grupo lembrou ademais que xa reclamara ao MITECO cambiar a súa proposta e, "seguindo os seus propios informes técnicos e as recomendacións dos organismos internacionais", manter un tope de capturas que permita a recuperación da especie e que, ao mesmo tempo, de saída ás capturas accidentais de marraxo nas liñas de palangre.

Poxa de marraxos na lonxa de Vigo
Poxa de marraxos na lonxa de Vigo | Fonte: José Antonio Gil Martínez en Flickr.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta