A imaxe de Compostela cae en picado

Santiago de Compostela, Capital de Galicia foi noticia día si e día tamén durante este ano. Esa imaxe de Cidade Patrimonio da Humanidade, Capital Cultural europea, a excelencia que esa “Rosa de Pedra” conferiunos, con ese halo carismático que sempre a rodeou, caeuse. Quen son os responsables? A continuación vou expresar a algúns responsables que na miña opinión deixaron “pegada” e reparala, vai supor algo máis que un exercicio de imaxinación.

Por Enrique Castro | Compostela | 30/09/2013

Comparte esta noticia

E non, non vou contribuír máis ao morbo do último episodio acontecido sobre a morte dunha nena que desde os medios de información escritos (léase La Voz de Galicia e El Correo Gallego) regalaronnos nas súas portadas e crónicas. Pero este último episodio, foi a “pinga que colmou o vaso” para ofrecernos unha imaxe dunha excelente cidade, tolerante, aberta ao mundo, segura...a dunha cidade repleta de miseria humana, insegura e morbosa. O espectáculo mediático e cidadán ofrecido en directo polas TV's foi sinxelamente bochornoso. Non quero profundar nesta cuestión. Pero hai moitos máis exemplos que non quero que se esquezan, por que contribuíron e contribúen para que Compostela sexa noticia de Portada a nivel estatal e internacional.

Exemplo número uno: O Alcalde electo Gerardo Conde Roia, dimitiu por débedas á Facenda Pública. Pero antes diso, a súa man dereita foi detido pola Garda Civil por conducir borracho e quedar durmido ao volante.

Exemplo número dous: O electricista da Catedral, o Códice Calixtino, o cepillo da igrexa e o medio millón de euros tirados nun patio de veciños. Sen más comentarios...

Exemplo número tres: A “Operación Pokémon” onde nos atopamos que hai imputados na causa aberta nun Xulgado de Lugo, empezando polo Alcalde da cidade Santiago Currás,  seguindo a numerosos concelleiros, tanto do goberno municipal como da oposición, que lonxe de dimitir, case todos, (soamente dimitiu un, tras ser “fotografado”, detido con esposas e pagar unha fianza para ser libre é con cargos). E ademais dos mencionados no exemplo número uno, que volven aparecer en escena, o segundo detido novamente por este episodio. O paradigmático e triste de todo isto, é que foron todos elixidos democraticamente.

Exemplo número catro: A Cidade da Cultura. Como paradigma do malgaste, o mal gasto e a peor xestión por parte dos poderes políticos. Un mausoleo caro, demasiado caro para unha Comunidade como a galega, onde precisamos os Fondos estruturais da Unión Europea se, se ou se. E onde se proxectou e proxéctase unha imaxe ao exterior de malgaste, exceso de “arquitectura” e moi malo investimento. Para que e por que facer unha “Cidade da Cultura” nos arredores de Compostela, se o epicentro da cultura está no centro da cidade? E o peor de todo é que non ven indicios de imaxinación por parte da Xunta de Galicia para dar saída a unha infraestrutura inutilizada, baleira de contidos, nada atractiva para o visitante dada a imaxe ofrecida tanto mediáticamente como en se mesma ofrécenos. Tiven ocasión de falar con moitos peregrinos que a visitaron e todos me din que é “excesiva”.

Exemplo número cinco: O accidente da AVE....ah non, perdón, que non é unha AVE, agora é un ALVIA. (Ironía). Unha infraestrutura que se vendeu como “Alta Velocidade” e en realidade é un “quero e non podo” en materia de seguridade ferroviaria. Unha chapuza, algo moi pero que moi custoso para as arcas públicas cun resultado tremendamente dramático para moitas familias,  nunha xornada moi pero que moi especial para a Cidade. A noite do 24 de Xullo.

Exemplo número seis: “A xestión das Caixas de aforro galegas e o caso das preferentes”. Manifestacións día se e día tamén en Compostela de miles de persoas estafadas, enganadas, arruinadas que a día de hoxe, aínda buscan unha solución xusta a ese engano masivo. Ao final, todo vai quedar nunha venda de “o noso” a uns oligopólios financeiros globais, por catro cartos. Repito...por catro cartos.

E algún se preguntará...Por que escribo este artigo e contribúo aínda máis a esa mala imaxe? Pois moi simple. Por que estas liñas van dirixidas a un público moi especial. Que me desculpen se alguén sente excluído, pero é así.

Pensen os que realmente mandan na cidade de Compostela, que os seus “xestores políticos” (léanse a corporación municipal e o goberno de Feijóo na Xunta) , os seus “xestores en comunicación” (léanse as industrias da información galegas) están a contribuír á “imaxe” e “xestión” dos seus intereses. En un mundo, o de hoxe, donde a “imaxe” é todo,  vende moito, transmite seguridade, transparencia.  Pensen realmente se o están facendo ben ou pola contra estano facendo mal os seus “xestores”. Fagan números e miren os resultados en ocupación hostaleira, consumo. número de viaxeiros en Lavacolla. Valoren se funciona o "Parque temático" ou non. Sinceramente, mediten e faganse esta pregunta... son un bo negocio? Se a resposta é negativa, creo que deberían preocuparse (se non o están facendo xa) en cambiar de “provedores”. Por que habelos hainos...e non son meigas nin bestas negras. De lo contrario, se a resposta é positiva é son un bo negocio, entón, a máxima de “Galicia e Compostela, un lugar onde todo cambia para que todo siga igual que sempre” será, é e seguirá sendo unha realidade inexplicable.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Enrique Castro Natural de Barcelona. Nado en 1963. Consultor e Asesor de comunicación política en Internet. Programador web en contornas LAMP. Cursou estudos de Dereito na USC. Desenvolveu diferentes sitios en Internet de temática política, televisiva e xornalística.