Non leo apenas a prensa e vexo aínda menos os noticiarios da TV's, irrítanme, ponme de mal humor. Que se hai máis de 6.000.000 de parados, que se determinado político conseguiu pillar moitos millóns de euros roubando, que se o Monarca ten a unha amante, que se están desahuciando a xente, que se van recortar as prestacións por desemprego, que se van aumentar a idade de xubilación, que se van realizar máis recortes sociais, que se o actual Presidente da Xunta de Galicia é amigo de narcotraficantes... En definitiva, fálase nos grandes medios de comunicación de cousas, que nos afectan a todos, pero ás veces esquecémonos das pequenas cousas do día a día, que tamén son moi importantes. Por exemplo, coller o autobús. Un Servizo Público esencial, como o son a Sanidade, a Educación, a Cultura.