Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2021 | Actualizada ás 09:00
A CNT vén de anunciar que levará ao Concello de Pontevedra á xustiza por “non cumprir” a normativa vixente no tocante á protección de riscos no seu corpo de bombeiros. O anuncio chega coincidindo coas declaracións da Confederación acusando ao consistorio de “poñer en risco a vida dos seus bombeiros”.
Segundo explican dende o sindicato, a mobilización obedece a que o consistorio desempeñado por Fernández Lores “desatende as peticións da sección sindical da CNT” pero tamén “da Inspección de Traballo e Seguridade Social en materia de Prevención de Riscos”. Neste aspecto, dende a Confederación lembran o suceso acontecido en outubro de 2019 no que un traballador resultou ferido tras caer dunha altura de máis de 5 metros “debido ás deficiencias existentes na estrutura empregada no exercicio”.
A CNT denuncia, neste aspecto, unha posta falta de resposta da banda do consistorio, xa que, segundo explican, “o accidente dun compañeiro caendo dende 5,20 metros de altura non parece suficiente para que se tomen as medidas oportunas”. “A pesar dos múltiples requirimentos da sección sindical da CNT no Concello solicitando que se realice a Avaliación de Riscos Laborais contemplando as actividades desenvolvidas fora da base e da conseguinte Planificación da Actividade Preventiva, o consistorio pontevedrés fai caso omiso destas peticións e mantén o servizo nunhas condicións lamentables que supoñen un elevado risco para a saúde e o benestar dos bombeiros do SEIS”.
10.000€ DE INDEMNIZACIÓN
As demandas da CNT, pois, oriéntanse á elaboración ou mellora do Plan de Evaluación de Riscos e a Planificación da actividade preventiva do SEIS, incluída a Evaluación dos Riscos Psicosociolóxicos, entre unha serie de medidas orientadas a mellorar a seguridade laboral dos traballadores dependentes do consistorio.
Á parte, esixen unha indemnización de 10.000€: “dende a CNT condenamos a actitude do Alcalde-Presidente así como dos responsables do cumprimento da normativa en materia de Prevención de Riscos Laborais tanto dentro do consistorio como no propio corpo de bombeiros do Concello de Pontevedra. Por este motivo, o sindicato inicia un procedemento xudicial solicitando: aboar unha indemnización de 10.000€”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.