Un galego conquista o fondo do océano sumerxíndose a máis de 10.000 metros na foxa das Marianas

"Decátaste da profundidade canto tardas máis de 4 horas en chegar ao fondo", explica.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2021 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

Un galego na Fosa das Marianas. O lucense Héctor Salvador vén de ser converter na primeira persoa do Estado en descender ata un dos puntos máis profundos da fosa das Marianas, considerado o abismo máis afundido de todos os océanos da terra. Salvador descendeu os 10.706 metros no abismo da Serea, o segundo punto máis profundo da fosa das Marianas e o terceiro máis profundo do mundo.

Héctor Salvador, o galego que se mergullou a máis de 10.000 metros de profundidade na foxa das Marianas/Tim Macdonald/Caladan Oceanic
Héctor Salvador, o galego que se mergullou a máis de 10.000 metros de profundidade na foxa das Marianas/Tim Macdonald/Caladan Oceanic

A inmersión, que durou máis de catro horas e foi desenvolta con fins científicos, tivo lugar a bordo do submarino DSV ' Limiting Factor', o único vehículo privado preparado para traballar nas condicións extremas da fosa das Marianas. Este piloto experimentado convértese así na primeira persoa do Estado en descender a un punto tan profundo no planeta, inmersión que desenvolveu para recuperar parte dun material perdido e analizar a presenza de microbios no sedimento da fosa.

“Decátaste da profundidade monumental da fosa das Marianas cando tardas máis de catro horas e media en chegar ao fondo. As dramáticas formacións do leito mariño, onde a cortiza oceánica máis antiga do mundo está a ser destruída baixo a Placa das Marianas, son testemuña muda das inmensas forzas que dan forma ao noso planeta. Foi sobrecolledor poder contemplar o lugar máis sagrado dos nosos océanos cos meus propios ollos”, engade Salvador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta