Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2021 | Actualizada ás 13:35
Unha imaxe que non deixa de xerar polémica. A fotorgrafía dos xestores da compañía mixta creada pola Xunta para a xestión dos fondos europeos vén de xerar duras críticas por ser a súa composición exclusivamente masculina. Os últimos en se sumar veñen de ser a Deputación de Pontevedra e o PSdeG, que cargaron contra a Xunta por "excluír" ás mulleres da directiva da sociedade de colaboración público privada articulada polo Executivo autonómico para a xestión de fondos europeos e cuxa composición, integrada por nove persoas, todos eles homes; foi presentada o luns na Cidade da Cultura.
Este martes, a presidenta provincial pontevedresa, Carmela Silva, remitiu unha carta dirixida ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ao que demanda que rectifique a "insólita e incomprensible decisión" de que o consello de administración da 'Sociedade para ou desenvolvemento de proxectos estratéxicos de Galicia' estea composto exclusivamente por homes.
PSDEG: COMPOSICIÓN "INACEPTABLE E INASUMIBLE"
Tamén este martes, a deputada do Grupo Socialista na Cámara galega, Noa Díaz, tachou de "inaceptable e inasumible" que o órgano careza de mulleres, algo que ve "propio dunha mentalidade machista do século XIX máis que do século XXI". A parlamentaria, que avanzou a presentación dunha batería de iniciativas no Pazo do Hórreo sobre este asunto, puxo o acento en que "a reactivación de Galicia non pode facerse excluíndo a máis da metade da sociedade galega".
Foi paralela a intervención da alcaldesa da Coruña, se ben máis parca en palabras, Inés Rey
Galicia: fondos Men Generation pic.twitter.com/GyNCUt8rXd
— Inés Rey García (@inesreygarcia) May 3, 2021
Nun ton semellante se manifestou tamén a voceira nacional do BNG Ana Pontón.
Os Next Generation... tamén sen mulleres? pic.twitter.com/h97KEYCOF1
— Ana Pontón (@anaponton) May 3, 2021
A imaxe recibiu duras críticas tamén de parte da sociedade civil.
Next Generation para unha nova Galicia. Homes todos. Vergoñento. 😡 https://t.co/Ze6zJjpN9F
— Greenpeace Galicia (@greenpeace_gal) May 3, 2021
Aquí están los miembros del consejo de administración de la sociedad que madurará los grandes proyectos de Galicia para los Next Generation. Ni una mujer. NI UNA. Y no será por falta de talento femenino. Increíble. pic.twitter.com/MluMBpNbot
— Julio Pérez (@JulitrosPerez) May 3, 2021
A Xunta de Galicia crea unha sociedade mercantil privada para xestionar os fondos NEXT GENERATION. No Consello de Administración non hai mulleres nen menores de 50 anos. NEXT GENERATION or PROSTATIC GENERATION? pic.twitter.com/vsrEVGW5cR
— Xosé M. Rey (@xmrey) May 4, 2021
PPDEG
O portavoz do PPdeG, Pedro Puy, defendeu este martes a actuación da Xunta para xestionar os fondos europeos con cargo ao programa Next Generation que este luns deu un paso máis coa constitución dunha sociedade público-privada cuxo consello de administración está unicamente composto por homes.
"Se o que me pregunta é se o que creo é que debe haber mulleres en todos os órganos que teñan que tomar decisións, a min paréceme positivo", manifestou na rolda de prensa posterior á xunta de portavoces Pedro Puy, quen se limitou a ofrecer estas declaracións e dixo que descoñecía mesmo a composición do consello de administración, que se constituíu este luns na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Tampouco se quixo pronunciar sobre a carta enviada pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, respecto desta cuestión. "Estou segura de que o presidente contestará", dixo en referencia ao destinatario, Alberto Núñez Feijóo, nunha resposta na que tampouco aclarou se é partidario de cambiar os integrantes desta sociedade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.