Fernando Suanzes continuará á fronte da Fiscalía Superior de Galicia

O Pleno do Consello Fiscal celebrado este martes apoiou a súa candidatura.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/05/2021 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O Pleno do Consello Fiscal celebrado este martes apoiou a candidatura de Fernando Suanzes para a súa renovación como Fiscal Superior de Galicia, un cargo que ostenta desde 2015 e que agora revalida por outro cinco anos. A proposta será elevada agora ao Goberno.

O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, recibe un agasallo institucional por parte do alcalde de Ferrol, Ángel Mato, durante o evento do Concello para celebrar o Día da Constitución
O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, recibe un agasallo institucional por parte do alcalde de Ferrol, Ángel Mato, durante o evento do Concello para celebrar o Día da Constitución | Fonte: Concello de Ferrol - Arquivo.

Foi a súa candidatura a que recibiu máis apoios no seo deste órgano, fronte ás presentadas polo fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, e a fiscala compostelá Pilar Fernánez.

Do seu labor, o Consello Fiscal destacou a súa "antigüidade escalafonal", a "dilatada traxectoria" e o seu "plan de actuación en que revela o seu interese pola modernización da Xustiza e a formación dos fiscais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta