PSOE de Ourense acusa ao PP de impedir un goberno local alternativo na cidade

Apuntan que Villarino pedira na Deputación Provincial, no 2020, a compatibilidade do seu cargo coa docencia universitaria no campus ourensán e que aquela solicitude fora denegada "por capricho persoal de Baltar".

Por E.P. | OURENSE | 27/05/2021 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Ourense acusou ao PP de buscar "desterrar" a Rafael Rodríguez Villarino despois de que a Xustiza lle dese a razón cunha compatibilidade laboral na Deputación.

Os socialistas acusaron ao Partido Popular de "ter unha perversa maquinación" para "desterrar" ao portavoz socialista municipal, Rafa Villarino, "non só da vida política senón tamén da social e laboral" de Ourense.

Apuntan que Villarino pedira na Deputación Provincial, no 2020, a compatibilidade do seu cargo coa docencia universitaria no campus ourensán e que aquela solicitude fora denegada "por capricho persoal de Baltar".

A decisión foi declarada ilegal polo contencioso administrativo de Ourense, así o expresou Juan Carlos Francisco, secretario da organización, quen sentenciou que se trata de "unha persecución do Partido Popular a Villarino por ser o único político de Ourense que lle planta cara a Baltar".

"Defendemos ao noso portavoz, unha persoa honorable, traballadora na que todos confiamos para que lidere un proxecto e que é a única alternativa fronte ao caciquismo", aseverou Francisco.

Pola súa banda, Rafa Villarino volveu a incidir en que Ourense "debe decidir entre baltarismo ou democracia" volvendo remarcar que a resposta estivo nas urnas nas pasadas eleccións, onde, nuns resultados que subliñou como "históricos", o partido popular perdeu a maioría na Deputación Provincial.

paradoxal que o partido baltarista máis debilitado da historia estea a soster a Deputación e o Concello", afeou para apostilar "nesta provincia hai unha democracia aparente".

BALÓN DE OSÍXENO A JÁCOME

Así mesmo, Villarino contestou ás palabras do alcalde de Ourense esgrimidas na súa rolda de prensa na que apuntou ao regreso do Partido Popular ao goberno local.

"O PP impide que haxa un goberno alternativo e estable, danlle un balón de osíxeno máis á persoa que eles situaron aí, se se temen tanto por que se queren tanto?, cuestionou en referencia ao comentario de Pérez Jácome sobre se era probable tal regreso: "témome que si", foi a resposta do alcalde.

Ademais, puxo en dúbida que saque adiante a modificación de crédito de 62 millóns de euros, "non creo que conte co aval dos grupos políticos e máis aló de procedementos e posibilidades legais para iso, hai unha cuestión moi importante, a súa incapacidade para xestionala", censurou o portavoz socialista.

Na mesma liña tachou que "o único que pretende é facer que fai" e que "quen colabore con el quedará perfectamente retratado".

O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino. PSOE OURENSE
O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino. PSOE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta