Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/06/2021 | Actualizada ás 18:11
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, acompañada da concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e do presidente de Down Coruña, Ricardo Santos, asistiron á posta en marcha do novo 'Quiosco Down Experience', un proxecto de inclusión laboral de persoas con diversidade funcional.
No acto, a rexedora expresou a súa confianza en que sexa posible que máis proxectos como este se fagan realidade en diferentes ámbitos empresariais e trasladou o seu "orgullo" por dar saída a un proxecto deste tipo.
Desde o programa de impulso á empregabilidade de persoas con síndrome de Down e outras discapacidades, o Concello achega a Down Coruña 30.000 euros para que proxectos como este, que dará unha oportunidade laboral a 12 persoas, sexan unha realidade.
Este proxecto "reforza" o compromiso do goberno local coas entidades sociais e coas políticas de inclusión laboral, apostilou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.