"Temos 10.000 millóns para empresas galegas"

Esa é a cantidade que asegura ter NGB para impulsar a economía galega.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/11/2013 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Novagalicia Banco quere inistir na súa vocación de entidade galega. Nos últimos días --e coincidindo co inicio do seu proceso de venda-- teñen aumentado os comunicados nos que se destaca, precisamente, a importancia do banco para a economía do país. Este xoves foi o director comercial da entidade, Gabriel González, quen dixo que a entidade ten "10.000 millóns de euros para prestar ás empresas galegas".

Entidade de Novagalicia Banco
Entidade de Novagalicia Banco

"A actitude que temos é a de apostar por Galicia e pola pequena e mediana empresa, sempre foi esa, antes tiñamos outras e agora estamos centrados só nesta, temos 10.000 millóns de euros para prestar ás empresas galegas", reiterou.

As "posibilidades" do empresariado galego

Por iso animou ao empresariado galego a confiar nas súas posibilidades. "Non hai varita máxica en tempos de crises pero a gran forza tractora serán as pequenas e medianas empresas, a formación de calidade unida a iniciativa, talento e alguén que as acompañe", dixo. Neste sentido, pediulles "anticipación" á hora de solicitar financiamento para as súas iniciativas.

Estas declaracións tiveron lugar nun foro de empresarios no que participaron 120 empresas e que foi organizado de maneira conxunta por Deloitte Avogados e Asesores Tributarios e Novagalicia Banco.

Gabriel González Eiroa, director comercial de Novagalicia Banco.
Gabriel González Eiroa, director comercial de Novagalicia Banco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Maduro

¿10.000 milóns? ... ¡Exprópiense!