Por E.P. | A CORUÑA | 16/07/2021 | Actualizada ás 13:54
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, afirmou que o goberno local segue defendo a condonación da débeda do porto, máis aló da proposta do Concello para comprar os peiraos de Batería e Calvo Sotelo.
O pasado xoves, o Concello presentou á comisión técnica do porto a proposta na que o goberno local participaría na adquisición dos terreos da zona 1 nun 75% do seu valor de tasación a través de achegas periódicas anuais no período entre 2021 e 2035, mentres o resto de administracións participantes adquiriría o 25% restante.
Rey deixa claro que esta proposta "non resolve a débeda", xa que non chega nin ao 10%. Así, mantén a petición da condonación. "Mentres non se resolve, o que facemos é unha proposta para manter a titularidade pública dos peiraos", explica.
Respecto da proposta da Xunta de hai uns meses para comprar o 51% dos mesmos, a rexedora herculina sinala que a diferenza agora é que "o futuro dos portos decídeno os coruñeses".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.