O BNG cre que non debería existir teito de gasto e aposta por uns orzamentos "expansivos"

Os nacionalistas din que traballarán para que "non se repita ningún tipo de discriminación ou agravio con Galicia".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/07/2021 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A portavoz parlamentaria do BNG en Economía, Noa Presas, cre que "o mellor teito de gasto é o que non existe" e defende uns orzamentos "expansivos", coa finalidade de "reactivar a economía, xerar emprego, rescatar os sectores máis impactados pola pandemia e reforzar os servizos públicos".

A deputada do BNG, Noa Presas
A deputada do BNG, Noa Presas | Fonte: BNG.

O BNG di que o teito de gasto aprobado este martes polo Consello de Ministros vai condicionar tanto a elaboración das contas públicas estatais como as de Galicia, aínda baixo os efectos da pandemia.

Así, insta o Goberno de Alberto Núñez Feijóo a convocar "canto antes" o pleno extraordinario para abordar esta cuestión e establecer as liñas dos orzamentos para 2022.

En relación aos orzamentos do Estado, di que o Bloque traballará para que "non se repita ningún tipo de discriminación ou agravio con Galicia", nin haxa "novos recortes nos investimentos". "Esperamos que nesta ocasión o Goberno de PSOE-Podemos non repita a mesma discriminación con Galicia que practicaba o PP", afirma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta