Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2021 | Actualizada ás 14:46
A concelleira de Ferrol en Común, Xiana López, presentou este luns a súa renuncia como edil no rexistro do Concello, segundo trasladaron a Europa Press fontes consultadas. López concorreu como número dous na lista desta formación política nas eleccións de maio de 2019, como unha das principais novidades da candidatura encabezada por Jorge Suárez.
Tras a súa renuncia, o seu posto podería ser ocupado por Saínza Ruíz, que concorreu no número catro da citada lista e que xa foi edil de Ferrol en Común durante o mandato 2015-2019, ocupando a área de Benestar Social.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.