Feijóo a Aguirre: "O único que percibo é a necesidade de ampliar as bases do partido"

A expresidentan de Madrid, que apoia a Ayuso, cargou contra os "chiquilicuatres" de Xénova.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2021 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, rexeitou "interpretar" as palabras da expresidenta da Comunidade de Madrid e do PP madrileño, Esperanza Aguirre, ao cargar contra os "chiquilicuatres" de Xénova.

Ao ser preguntado por estas declaracións, Feijóo primeiro ironizou con que cría que se correspondía "cun cantante de Eurovisión", aínda que nin sequera --engadiu-- dixo estar "seguro". E dito isto, resolveu que "cando unha persoa fai unha manifestación, o mellor é contextualizarla, que significa non sacala de contexto".

Agregou, na súa reflexión, que "o verdadeiro alcance da esa manifestación, ninguén a pode mellorar" máis que "o propio autor ou autora desa frase". "Non fagamos interpretacións sobre frases de personaxes vivos", insistiu, para soster que "normalmente hai que facer interpretacións sobre frases ou pensamentos de personaxes ou autores que non poden explicar o contido e alcance da súa propia manifestación".

E dito isto, asegurou que "o nivel de preocupación por algunha cuestión do partido" el "non o percibe". "O que si percibo é a necesidade de facer as cousas ben, de seguir mellorando e de seguir ampliando a base do noso partido, porque creo que en España neste momento é imprescindible", sentenciou.

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, intervén no comité executivo do seu partido. PPDEGALICIA
O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, intervén no comité executivo do seu partido. PPDEGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta