Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 18:41
Os Premios Martín Códax da música celebran a súa festa de finalistas o vindeiro mércores 6 de outubro, nas adegas de Cambados, cun encontro presencial de capacidade limitada no que se anunciarán os tres proxectos seleccionados polo xurado en cada unha das 17 categorías.
En total, 51 proxectos chegan á recta final dos galardóns, promovidos por Músicas ao Vivo e que contan con apoio do Concello de Pontevedra, Agadic-Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra. Máis de 400 proxectos musicais participaron na convocatoria de inscrición, que se abriu o 23 de agosto, dirixida a grupos, solistas, espectáculos e proxectos discográficos realizados en Galicia.
As 17 categorías musicais que se premian son: pop e indie, rock, blues, funk e soul, metal, canción de autor/a, músicas urbanas, reggae, ska e mestizaxe, electrónica, música clásica e contemporánea, jazz e músicas improvisadas, música tradicional, música folk, músicas do mundo, música infantil, orquestras, grupos e música de verbena, coros e grupos vocais e bandas de música popular.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.