Xa hai data para as primeiras vacinas 'de reforzo' en Galicia: 25 de outubro

Afectará a persoas por riba dos 70 anos que cumpriran seis meses dende a pauta completa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/10/2021 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou que Galicia vacinará coa dose de reforzo aos maiores de 70 anos, como se acordou na comisión de saúde pública este martes, a partir do 25 de outubro. Farase conforme vaian cumprindo o seis meses da pauta completa.

Enfermeira fornecendo unha vacina / Europa Press.  / Europa Press
Enfermeira fornecendo unha vacina / Europa Press. / Europa Press

En declaracións aos medios este mércores, Comesaña aclarou que o voto en contra na comisión de saúde pública se debeu a que Galicia pedía tempo para estudar o encaixe da campaña da terceira dose coa campaña da gripe, algo no que traballa o Sergas "intensamente".

Deste xeito, indicou que a idea é recoller "o mellor" de cada unha das dúas campañas de vacinación e tratrar de facelas coincidir nos maiores de 80 anos, que serían os primeiros en recibir a dose de reforzo.

A campaña da gripe comeza nos próximos días (sobre mediados deste mes de outubro). Neste sentido, Comesaña si adiantou que o persoal sanitario recibirá as doses de ambas as campañas de forma diferenciada, posto que a da gripe xa empezará agora: "Vai ir separado coronavirus e gripe".

Comesaña apuntou que "en principio non hai ningún impedimento" médico para facer coincidir as dúas vacinas no mesmo día, pero sinalou que tamén están a facer recompilación de todos os informes. 

A terceira dose será en principio con Pfizer --que é a que conta xa coa autorización--, pero están á espera dos resultados de Moderna, polo que o conselleiro confirmou que o que está previsto é que a vacina de reforzo sexa con ARnm.

Neste escenario, Comesaña lembrou que Galicia "aposta, e xa o demostrou", pola vacinación de reforzo. Así, lembrou que xa foron vacinados todos os residentes coa terceira dose e fíxose "en pouco máis dunha semana e media", xunto cos inmunodeprimidos.

Tamén aseverou que a formulación de Galicia é facer coincidir a campaña de reforzo coa da gripe, pero o voto en contra, explicou, debeuse a que o Sergas "quería ter o tempo suficiente para acomodar a estratexia da gripe, que empeza estes días, coa incorporación da terceira dose".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta