Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 13:20
Galicia rexistrou unha caída no último ano do 40% no número de folgas, nas que participaron un 22% menos de traballadores, segundo sinala un estudo elaborado por Adecco. O informe reflicte que a Comunidade galega é a autonomía onde máis se reduciu a cantidade de traballadores que participan en folgas, cunha taxa de 28,5 participantes por cada 10.000 habitantes polos 36,7 de hai un ano.
Así, Galicia queda por baixo da media nacional en taxa de participación en folgas nun ano no que este indicador, segundo Adecco, aumentou un 82,4% no conxunto estatal. Ademais do descenso da participación en folgas tamén caeu o número de conflitos, que baixa un 40% respecto das cifras de hai un ano polo menos 6% do conxunto estatal.
BAIXADA DE NÚMERO DE EMPRESAS
O estudo elaborado por Adecco tamén apunta unha caída do total de empresas, que cae un 1,4% ata situarse nunha taxa de 29,8 por cada mil habitantes. Trátase do quinto mellor resultado a nivel autonómico e devolve a Galicia á mesma cantidade de empresas que tiña en decembro do ano 2015.
Por último, o estudo sinala que o 8,8% dos ocupados galegos traballa menos tempo da xornada completa e gustaríalles facelo máis hora "pero non atopa onde". Esta proporción aumentou 0,9 puntos porcentuais no último ano, aínda que segue por baixo da media española e mantense coa a terceira menor proporción de traballadores nesta situación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.