Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/10/2021 | Actualizada ás 10:10
O comité de empresa de Abai Business Solutions (antes Extel) da Coruña convocou folga de 24 horas este mércores, segundo informan as centrais sindicais UGT, CCOO e CXT.
A representación sindical chama á mobilización dos traballadores xa que, segundo explica, "a dirección, ademais de propiciar un incremento inhumano da carga de traballo, pretende eliminar os dereitos adquiridos polo persoal durante todos estes anos".
Desde a adquisición de Extel por parte de Abai, afirma que o persoal "está a sufrir un progresivo deterioro das condicións laborais", ao que suma as salariais e unha formación "cada día máis deficiente".
Xunto á folga de 24 horas, haberá unha concentración coa lema 'Abai e Movistar terrorismo laboral'. Terá lugar diante do centro de traballo que ten a compañía no Edificio Proa, en Matogrande.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.