Novo foco de covid nunha granxa de visóns en Carral

Con base no programa de prevención do Goberno central, procedeuse a inmobilizar a explotación e farase o seu seguimento para determinar as actuacións a realizar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2021 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

Os brotes de covid en granxas de visóns en Galicia seguen á alza. O último do que informou a Consellería de Medio Rural este venres afecta a unha explotación de Carral.Son oito os positivos detectados nesta granxa, que conta con 12.704 visóns --dos cales 1.592 son reprodutoras femias, 98 son reprodutores machos e 11.014 son crías destetadas--.

Con base no programa de prevención do Goberno central, procedeuse a inmobilizar a explotación e farase o seu seguimento para determinar as actuacións a realizar.

Así, son xa 14 os brotes comunicados pola Xunta ao Ministerio de Agricultura desde o inicio da pandemia, nunha comunidade galega que conta con 25 explotacións. De feito, só no mes de outubro xa se detectaron outros dous focos en senllas explotacións de Abegondo.

Galicia concentra o maior volume de negocio do sector no Estado e tres de cada catro explotacións de visón americano do total, cun censo de 71.479 reprodutoras.

O primeiro foco en Galicia detectouse en xaneiro deste ano nunha granxa da Baña, onde foron sacrificados os seus 3.100 visóns. O resto localizáronse en: Santiago (2), Abegondo (5), outro máis na Baña, Oza-Cesuras, Negreira, Sobrado dos Monxes, Curtis e agora este de Carral.

Imaxe de arquivo dun visón americano. WWF
Imaxe de arquivo dun visón americano. WWF | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta