Temas: PARDO BAZáN RAG

A RAG inaugura o luns o congreso 'Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois'

Será no que foi fogar da escritora na súa cidade natal, na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/10/2021 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A sede da Real Academia Galega (RAG) acolle o luns a inauguración do congreso internacional 'Emilia Pardo Bazán, cen anos despois'. Farao na que foi fogar da escritora na súa cidade natal, na actualidade sede da institución académica e da Casa-Museo da autora.

Congreso sobre Emilia Pardo Bazán
Congreso sobre Emilia Pardo Bazán | Fonte: RAG.

Trátase dunha actividade organizada xunto ao Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago (USC). Un encontro que reunirá durante cinco días en Galicia a "boa parte das grandes voces expertas internacionais na autora", indica a RAG.

A cita coincidirá, entre outras actividades conmemorativas, coa chegada ao Quiosco Alfonso da exposición 'Emilia Pardo Bazán, o reto da modernidade', organizada pola Biblioteca Nacional de España e na que poderán verse máis de 70 pezas relacionadas coa autora e custodiadas pola RAG.

O programa desenvolverase ata o mércores e continuará o xoves e o venres na USC e no Consello da Cultura Galega. Todas as sesións poderán seguirse en directo desde academia.gal ou e na canle de Youtube da institución anfitrioa de cada xornada.

Temas: PARDO BAZáN RAG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta