Baltar recibe ao novo alcalde de San Amaro, o terceiro da localidade no que vai de mandato

Fernando Rodríguez Redondo trasladooulle ao presidente da Deputación de Ourense a necesidade de finanzamento para renovar a iluminación pública.

Por E.P. | OURENSE | 28/10/2021 | Actualizada ás 21:37

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao recentemente elixido alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez Redondo, co que analizou as principais necesidades do concello e estudou as posibles vías de colaboración coa institución provincial.

Na reunión, Manuel Baltar trasladou ao rexedor que a Deputación acometerá a reforma da estrada provincial que comunica San Amaro co veciño municipio de Maside, nunha actuación que persegue incrementar a seguridade viaria a través de intervencións como a ampliación da calzada.

Fernando Rodríguez Redondo tamén formulou no encontro a necesidade de financiamento para finalizar o proxecto de renovación da iluminación pública de San Amaro, dentro do plan municipal de mellora da eficiencia enerxética, proposta que o presidente provincial se comprometeu a estudar para a súa execución no próximo ano.

O popular acaba de asumir a Alcaldía e converteuse no terceiro alcalde da localidade no que vai de mandato. O é por mor da dimisión da socialista María del Carmen Pérez alegando motivos persoais en 2019 e a do igualmente socialista, Rubén Gómez, a finais do pasado mes de setembro, xustificando no seu caso que a situación interna era demasiado complicada para traballar.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Senado
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Senado | Fonte: Deputación de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Ourense debe ter algún problema cun tal Villarino polo que vemos a rotación nos cargos non está mal... así poderán pasar polo cargo 4 alcaldes nunha lexislatura, a ver cal é a seguinte renovación... na provincia de Baltar !