Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2021 | Actualizada ás 20:08
Un estudo confirmou a efectividade dun sistema desenvolvido pola empresa Murprotect en colaboración co Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) á hora de controlar os niveis de radón, un gas radioactivo incoloro e inodoro presente en gran parte das vivendas do oeste peninsular, incluída Galicia.
Segundo informa a compañía e CSIC, a investigación determinou que as tecnoloxías de tratamentos de aire en interiores coas que traballa a empresa pode "supor unha opción válida no tratamento do gas radón".
Trátase dun sistema que funciona "como un pulmón artificial" que "aspira aire novo tomado do exterior, fíltrao e introdúceo tratado na estancia", co que o aire contaminado é expulsado ao exterior a través dunhas reixas.
Isto permite a renovación continua de aire no interior sen necesidade de abrir as xanelas. Os estudos determinaron que o uso deste sistema logra reducir a concentración por baixo do limiar de referencia da normativa establecido en 300 Bq/m3.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.