Un parásito afecta á calidade da sardiña, segundo un estudo

Este novo parásito, o Kudoa thyrsites non afecta a saúde humana, e foi identificado en Portugal, Sur de Galicia e en augas do norte da península.

Por Galicia Confidencial | VIGO | 20/01/2025 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

Persoal investigador do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC), xunto a colegas do Institute of Marine Research (IMR) de Noruega, analizou por primeira vez datos cuantitativos sobre a incidencia do parásito Kudoa thyrsites en sardiñas europeas (Sardiña pilchardus) en augas do norte de España. Este parásito, que afecta a musculatura do peixe, pode reducir a súa calidade e valor comercial pero non causa alerxias nin enfermidades en humanos.

Sardiña
Sardiña

O estudo, que acaba de publicarse na revista Parasitology Research, analizou 500 exemplares de sardiña europea e os resultados mostraron que un 5.4% das sardiñas estaban afectadas por este parásito e presentaban a condición de "carne branda", que provoca no peixe unha textura anormal e un aspecto pouco atractivo.

O parásito, previamente asociado á cabala do Atlántico no Atlántico norte, xa fora identificado en sardiñas en Portugal e o sur de Galicia, pero este é o primeiro estudo que ofrece datos cuantitativos para o stock ibérico. "Necesítase máis investigación para entender o ciclo de vida destes parásitos e porqué afectan as sardiñas", indica a Dr Lucilla Giulietti, primeira autora e investigadora do IMR. Xema Hernández, coautora do estudo e investigadora do Centro Oceanográfico de Vigo do IEO engade que, "aínda que a incidencia do parásito é relativamente baixa, o stock de sardiña europea nas augas atlánticas españolas é unha fonte alimenticia importante e a presenza do parásito podería reducir a súa calidade e valor culinario".

Este achado é resultado dun estudo realizado nos anos 2023 e 2024 con sardiñas da campaña PELACUS do IEO realizada en abril de 2023. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta