Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2025 | Actualizada ás 19:55
InvestiGal - Rede Galega pola Investigación denunciou que a convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación predoutoral en Galicia presenta "graves deficiencias". Deste xeito, asegurou que a xestión destas axudas predoutorais é un "exemplo claro" dunha xestión "nefasta".
Neste sentido, lamentou que o sistema actual "obriga" aos investigadores a traballar "de forma gratuíta" e que "exclúe" candidaturas porque, segundo subliñou, as listas de espera non avanzan tras producirse renuncias.
Entre as "deficiciencias" que denunciou este colectivo, está unha nota de corte "arbitraria" que "limita o acceso ás axudas". Así mesmo, cualificou de "cuestionable" o "suposto aumento" no investimento en investigación anunciado pola Xunta. "É necesario un sistema máis xusto, transparente e eficiente, que priorice o uso completo dos recursos públicos e mellore as condicións laborais do persoal investigador", reivindicou este colectivo nunha nota de prensa.
Con todo, InvestiGal reclamou unha "revisión profunda" das bases e do modelo de xestión destas axudas predoutorais e fixo un chamamento ao Executivo galego para que aborde estas "deficiencias".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.