Rueda tras a toma de posesión de Trump: "Convénnos ter unha boa relación coa primeira potencia mundial"

Chama a "sacar o maior proveito dunha boa relación" con EE.UU., "guste máis ou menos" Trump.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2025 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, chama a "sacar o maior proveito dunha boa relación" con Estados Unidos no novo mandato que comeza Donald Trump como presidente, "guste máis ou menos".

A preguntas da prensa sobre a toma de posesión de Trump deste luns, Rueda lembra que "o señor Trump, guste máis ou menos, foi elixido nunhas eleccións democráticas, ademais, con amplo respaldo". Subliña que "Estados Unidos é un país moi importante para Europa, para España e para Galicia". "Convennos, desde todos os puntos de vista, ter unha boa relación entre administracións", afirma.

"Creo que sería un erro pensar que temos que estar á gresca, enfrontándonos todo o día", resalta, e non entende que se poida defender "non ter ningunha relación coa primeira potencia mundial".

Donald Trump
Donald Trump | Fonte: JDNikhinson-AP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios (2 pend. aprobación)