Ana Miranda pide a Europa non esquecer a Gaza

Insta á Eurocámara a colaborar coa UNRWA para garantir a axuda humanitaria en Gaza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2025 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, instou á Eurocámara a colaborar coa UNRWA para garantir a axuda humanitaria en Gaza. No deabte do Parlamento Europeo sobre o alto ao lume en Gaza denunciou, unha vez máis, o xenocidio do Pobo Palestino a mans do Estado de Israel, "que xa se cobrou máis de 64.000 persoas asasinadas".

"Este acordo salva vidas, pero chega demasiado tarde, demasiadas vidas perdidas, demasiadas bágoas, demasiada e innecesaria destrución e impunidade", manifestou Miranda. Segundo sinalou, Gaza "é hoxe o espello do mundo insolidario no que vivimos e no que os gobernantes calaron, tamén a Unión Europea, mentres os pobos clamaban nas rúas contra o xenocidio de Israel".

Neste sentido, a eurodeputada galega fixo un chamamento a non esquecer a fotografía dos barrios de Gaza destruídos e outras de palestinos que se xogaron a vida por salvar a outros "mentres os Gobernos seguían exportando armas a Israel e prolongando o xenocidio". "Toda a nosa solidariedade co Pobo de Gaza, todo o apoio á urxente reconstrución. Todo o apoio á UNRWA", afirmou Ana Miranda, mentres remitía unha carta a todos os eurodeputados solicitándolles a súa colaboración directa coa UNRWA para garantir un acceso "seguro e sen obstáculos" da axuda humanitaria en Gaza.

SERVIZOS BÁSICOS

Na súa misiva, a eurodeputada do Bloque destaca que miles de gazatíes recibiron apoio vital grazas aos "incansables esforzos do persoal da UNRWA". Explica que a UNRWA proporcionou un apoio "continuo e vital" a case dous millóns de palestinos aos que proporcionan servizos básicos, xa que necesitan auga potable, alimentos, refuxio, atención sanitaria primaria e apoio á saúde mental e psicosocial.

Neno de Palestina chorando en Gaza tras a invasión de Israel
Neno de Palestina chorando en Gaza tras a invasión de Israel | Fonte: BBC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta