Nunhas preguntas rexistradas na Cámara alta, a senadora Carme da Silva pediu ao ministro de Exteriores, José Manuel Albares, aproveite o contexto actual, onde o Estado español ten a presidencia do Consello Asesor da Unrwa e adopte un papel activo para que o Estado de Israel non efectúe estas leis.
  comenta   0
Vigo acolleu o xoves 20 de xuño o coloquio "Gaza e a humanidade perdida” no Auditorio do Museo Marco. Tratouse a situación actual na Faixa de Gaza, os movementos de desprazados, a actuación do exército de Israel e como as ONGs e organismos internacionais operan nestes momentos dentro desa área. Unha das persoas que intervirán será Raquel Martí, Directora Executiva de UNRWA España, quen describiu como está actuando esta axencia internacional no lugar e coas limitacións que supón facelo dentro dun conflito armado.
  comenta   0