O BNG pide ao Goberno accións diplomáticas tras a decisión de Israel de pór fin á cooperación coa Unrwa

Nunhas preguntas rexistradas na Cámara alta, a senadora Carme da Silva pediu ao ministro de Exteriores, José Manuel Albares, aproveite o contexto actual, onde o Estado español ten a presidencia do Consello Asesor da Unrwa e adopte un papel activo para que o Estado de Israel non efectúe estas leis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2024 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O BNG pediu ao Goberno que emprenda accións diplomáticas ante a aprobación, por parte de Isreal, das leis que prohiben as actividades da Unrwa. Nunhas preguntas rexistradas na Cámara alta, a senadora Carme da Silva pediu ao ministro de Exteriores, José Manuel Albares, aproveite o contexto actual, onde o Estado español ten a presidencia do Consello Asesor da Unrwa e adopte un papel activo para que o Estado de Israel non efectúe estas leis.

A senadora do Bloque avisa de que, de entrar en vigor os dous textos lexislativos, trataríase dun precedente moi perigoso, ao ter en conta que un Estado membro da ONU estaría a vulnerar as normas das Nacións Unidas ao expulsar de forma unilateral a unha axenda do organismo. Ademais, reiterou a necesidade de esixir a Israel o cesamento do lume para "terminar co xenocidio que está a cometer sobre o pobo palestino".

A senadora do BNG, Carme da Silva
A senadora do BNG, Carme da Silva | Fonte: DAVID CURRAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta