Cando o protagonista de "The Good Doctor" inventou unha avoa galega para animar a un equipo de fútbol

Freddie Highmore, a piques de cumprir 30 anos, regresa ás pantallas con Luis Tosar e José Coronado en "Way Down".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/11/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Ten 29 anos e unha traxectoria cinematográfica de 22. O protagonista de "The Good Doctor" ten unha ampla experiencia ante as cámaras que se cadra lle brinda unha gran imaxinación. Moitas son as anécdotas que leva ao lombo Freddie Highmore, que vén de regresar as pantallas en "Way Down" para tentar roubar un tesouro no Banco de España.

O actor londinense Freddie Highmore
O actor londinense Freddie Highmore | Fonte: Wikipedia

Nunha entrevista publicada en Codelist repasaban recentemente algúns dos peculiares momentos na vida do recoñecido actor, dende o famoso 'meme' con Johnny Dep ata a súa voda "sorpresa". Entre eles daban conta de cando Freddie Hihmoore residiu en Madrid e, coa intención de integrarse na comunidade, contou unha pequena mentira.

O actor londinense, ademais do inglés, fala francés, árabe, castelán e un pouco de portugués. Na súa estancia en Madrid traballou de feito como tradutor de textos, becado nun despacho de avogados. Afeccionado ao fútbol, contou nunha entrevista con Jimmy Kimmel na cadea norteamericana ABC, baixou ao bar a ver un partido para evitar aos seus compañeiros de traballo. Aí foi onde inventou que tiña unha avoa galega para "poder animar a un equipo de fútbol e que os demais me aceptaran como un dos seus", declaraba.

Loo engadiu: "Se estás a animar a España e tes ese 'look' británico pálido e famélico de sol, é posible que preunte: 'eres realmente de aquí?' Así que inventei esa historia de que a miña avoa nacera en Galicia, que é a parte máis chuviosa, no noroeste de España, nun pequeno pobo chamado A Zapateira".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta