A impactante imaxe da lúa que vén de gañar un concurso galego: "non é branca nin gris"

Elena Mora levou o recoñecemento do xurado grazas a unha imaxe creada a partir de varias fotos tomadas cun telecospio.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

As mellores ideas adoitan ser as máis sinxelas, e se non que lle pregunten a Elena Mora, que vén de gañar o primeiro premio dun concurso convoado pola Real Academia Galega das Ciencias cunha fotografía da lúa "a toda cor". O certame, titulado “A Ciencia en Imaxe”, vén dotado cun primeiro premio de 300 euros e outros segundo e terceiro de 100, que recibiron  Josefina González pola imaxe da cotiza dun arce, e María Pilar Vázquez que presentou unha foto sobre a percepción da cor reflectida nunha flor, respectivamente. 

Lúa a toda cor
Lúa a toda cor | Fonte: Elena Mora

Os galardóns foron convocados pola RAGC en colaboración coas Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da USC e resultaron entregados o pasado luns nun acto na Facultade de Ciencias de Lugo esta semana. Péchase así a VII edición dun concurso fotográfico que Mora Cuesta leva para a casa por unha instantánea acompada dun texto rechamate.

"A lúa non é branca. Nin sequera gris. Se os nosos ollos foran capaces de apreciar todas as tonalidades do noso satélite, veriamos algo semellante a esta imaxe composta por varias fotos tomadas cun telescopio de afeccionado", apunta a autora. A impactante instantánea, de feito, dá conta dun satélite con múltiples tonalidades e reflexos que sen dúbida fará que alguén a mira de forma distinta esta noite, ao erguer a ollada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta