Detectados 6 positivos de covid-19 entre 802 probas nun cribado en Forcarei

Houbo un 50 por cento de asistencia ás probas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/11/2021 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectou seis positivos de Covid-19 entre unhas 800 probas realizadas nun cribado realizado entre este pasado sábado e domingo no concello de Forcarei, cun 50 por cento de asistencia.

Unha enfermeira toma unha mostra nun cribado poboacional para detectar a covid-19
Unha enfermeira toma unha mostra nun cribado poboacional para detectar a covid-19 | Fonte: Sergas.

Segundo informou a área pontevedresa, das 1.600 persoas de entre 40 e 75 anos de idade citadas para este cribado este pasado fin de semana, realizáronse 802 probas PCR.

Por iso, destacaron as mesmas fontes sanitarias, rexistrouse unha asistencia ao cribado do 50,13 por cento. O seis positivos de Covid-19 detectados nas probas supoñen un 0,75% de positivos entre os tests realizados.

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés reitera á poboación a importancia de acudir ás citacións para os cribados, á vez que insiste no mantemento das medidas de protección, como uso de máscara, hixiene de mans e distancia de seguridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta