Xurxo Doval, novo secretario xeral de Xuventudes Socialistas coa promesa de "devolver a ilusión á mocidade"

Fixa como obxectivo entender a "idiosincrasia das comarcas" para pór fin a "dinastía" de Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2021 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) proclamou este domingo ao ourensán Xurxo Doval como o novo secretario xeral da organización, tras liderar a única candidatura presentada.

Doval, cuxo cargo será ratificado o 29 de xaneiro, manifestou nunha comparecencia desde a sede do PSdeG, en Santiago, que o seu obxectivo é entender a "idiosincrasia das comarcas" de Galicia para poder desenvolver "un modelo económico e social equitativo que poña fin á ineficiente e déspota dinastía" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

"Entendemos que o sistema languidece cando vota menos do 50% da poboación" aseverou o socialista, á vez que engadiu que hai que "devolverlle a ilusión á mocidade" para que "se poida sentir identificada cunha nova resposta do país".

Doval concluíu expresando que non lle van a pedir aos mozos "conquistar o ceo con palabras bonitas" pero si coa enerxía de varias xeracións que "non se queren resignar a seguir emigrando" e que "tristemente xa non teñen máis nada que perder".

Xurxo Doval, novo secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia.. XSG
Xurxo Doval, novo secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia.. XSG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta