Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2021 | Actualizada ás 16:52
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este venres a resolución pola que se regula a pesca da anguía na desembocadura do río Tambre durante a próxima tempada, que se estenderá do 1 de maio ao 30 de setembro. Desta forma, queda aprobada a renovación do plan de aproveitamento específico da especie para o ano que vén e mantéñense os principais requisitos que rexeron nesta zona durante a campaña anterior.
O tamaño mínimo das capturas queda fixado en 20 centímetros, coa obrigación por parte dos pescadores de devolver ao río aqueles exemplares que non dean a talla, así como as anguías prateadas e outras especies que entren nas nasas. O total admisible de capturas para toda a tempada será de 1.000 quilos, polo que unha vez alcanzada esta cantidade darase por pechado o período de capturas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.