Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/12/2021 | Actualizada ás 18:13
O Banco de España impuxo unha multa de 180.000 euros a Bankoa, agora absorbida por Abanca, por realizar unha remisión "inexacta" de información que ten que achegarse ao supervisor, segundo un aviso publicado este xoves.
Trátase dunha multa á que se lle aplicaron unhas reducións do 40%, pola comisión dunha infracción "grave" tipificada no artigo 93.1 da Lei 10/2014, de 26 de xuño, de ordenación, supervisión e solvencia de entidades de crédito.
En concreto, o supervisor sinala que Bankoa realizaría unha remisión "inexacta" da información que debe reportarse ao Banco de España nos estado 'Tipos de interese de operacións de préstamo en España co sector privado residente'.
A data de resolución é o pasado 25 de novembro e é firme en vía administrativa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.