Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2022 | Actualizada ás 19:54
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta tarde en Madrid os elementos centrais da oferta turística coa que A Coruña quere volver situarse tras a pandemia "como un destino turístico de primeiro nivel en Europa".
Nun acto xunto a representantes do sector turístico e do ámbito institucional e social, a alcaldesa destacou que a oferta cultural da cidade e a celebración de grandes eventos serán os "grandes eixos de atracción de visitantes en 2022 que permitirán que a nosa cidade se sitúe como ese espazo de referencia do noroeste español".
O ano internacional María Casares será un dos elementos centrais da oferta cultural da cidade e permitirá, en palabras da alcaldesa, "estreitar lazos con Francia e potenciar elturismo co país galo a través de nosa recentemente estreada conexión con París".
A alcaldesa manifestou a vontade do seu goberno de recuperar a ruta picassiana co obxectivo de reivindicarse entre as cidades fundamentais na vida de Picasso e como paso previo ás celebracións que terán lugar no 2023 con motivo do 50 aniversario do falecemento do artista.
Inés Rei presentou tamén en Madrid unha nova ruta de interese turístico, a ruta Napoleónica, que permitirá vincular á Coruña con outros destinos europeos como Portugal ou Francia e destacou a vontade do seu goberno de potenciar o Camiño Inglés máis aló do ano Xacobeo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.