Temas: SANIDADE COVELO

O Concello de Covelo, gobernado polo PP, urxe á Xunta a restituír de forma "inmediata" a atención no centro de saúde

"Todos sabemos que a poboación do rural ten maior necesidade de servizos de atención médica en consulta", din.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/01/2022 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O goberno de Covelo (Pontevedra) urxe a "inmediata" actuación da Consellería de Sanidade para a mellora da atención sanitaria no centro de saúde O alcalde, do PP, Pablo Castillo, tras solicitar no mes de novembro un encontro co conselleiro, Julio García Comesaña, solicitou que se cubra a praza de médica xubilada de Maceira, para que a poboación estea atendida con dous médicos de atención en consulta e domicilios.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en Lugo
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en Lugo | Fonte: Europa Press.

Ademais, urxe a necesidade da "inaprazable" restitución do servizo de atención de pediatría e lembra que así lles foi comunicado en diversas reunións mantidas con responsables da dirección da área sanitaria de Vigo.

O goberno local lembra que no mes de novembro instara á Xunta a incluír nos orzamentos de 2022 as partidas necesarias para acometer as obras de reforma e acondicionamento integral do centro de saúde.

"Sendo plenamente consciente de que é necesario buscar a racionalidade e a eficacia nos gastos de sanidade, consideramos que non se deben aplicar os mesmos criterios de media e cotas de cartillas por médico aos profesionais que exercen no rural que aos que o fan na cidade", apuntou Castillo.

Ademais, puxo de manifesto que tampouco se pode comparar as distancias que percorren os médicos do rural ou o nivel de rendas, densidade ou idade media. "Todos sabemos que a poboación do rural ten maior necesidade de servizos de atención médica en consulta e en domicilios que a poboación da cidade", salienta.

O pleno aprobou recentemente a cesión para a Consellería de Sanidade para o uso sanitario da totalidade dos inmobles e parcelas afectadas. No pleno ordinario de decembro, o goberno apoiou a moción presentada pola plataforma en defensa da sanidade que se completa coa inclusión dun punto con medidas específicas, como a incorporación dun médico e a recuperación do servizo de pediatría.

Temas: SANIDADE COVELO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta