O colectivo Berro Seco volve pedir a retirada do pasaporte covid: "é un acoso aos non vacinados"

A plataforma integrada pola eurodeputada Lidia Senra asegura que a medida non ten fundamento sanitario senón que pretende exercer "control social" e pide a súa retirada "inmediata".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

Novas declaracións da banda do colectivo Berro Seco polos Dereitos e Liberdades, unha asociación integrada, entre outros, pola eurodeputada Lidia Senra que xa xornadas atrás se manifestou en contra dalgunhas das restricións sanitarias vencelladas á pandemia cun escrito no que cargaba, en particular, contra o pasaporte covid e o "acoso" as non vacinados.

Carteis de indicacións de obrigatoriedade de presentar certificados antes de acceder ao interior, nunha marisquería da Rua dá Raiña, o día en que o TSXG declara nula a petición de certificado Covid para a hostalaría, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press
Carteis de indicacións de obrigatoriedade de presentar certificados antes de acceder ao interior, nunha marisquería da Rua dá Raiña, o día en que o TSXG declara nula a petición de certificado Covid para a hostalaría, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press

A asociación vén de replicar estas mesmas denuncias logo de coñecerse que a Xunta de Galicia, en liñas coas conclusións do Comité Clínico, manterá a obrigatoriedade de dispor do pasaporte para entrar ao interior dos restaurantes, entre outras circunstancias. A asociación cualifica de decepcionantes as decisións publicadas no DOG deste xoves e posiciónase contra a continuidade das políticas "restritivas dos dereitos fundamentais prorrogadas pola Xunta de Galicia co silencio cómplice dos grupos da oposición".

Para a plataforma,  "a utilización do pasaporte covid non ten sustento ningún como medida sanitaria e si para o control social e o acoso das persoas que deciden tomar medidas de autoprotección ou de protección das súas crianzas distintas ás sinaladas pola Xunta de Galicia". Explican, neste aspecto, que os datos evidencian que as persoas vacinadas contaxian e seguen contaxiándose, ao ser estas vacinas non extintivas. 

Por estas razón, Berro seco volve demandar "a inmediata retirada" do pasaporte covid para calquera uso e a equiparación neste asunto cos outros Estados e coas outras comunidades autónomas do Estado Español que así o fixeron xa. "Que o pasaporte covid NON é unha medida sanitaria e que para nada serve como protección da nosa saúde é algo evidente a estas alturas", inciden. 

Por iso acusan á Xunta de Galicia de desenvolver unha política sanitaria que "discrimina, coaciona e segrega, provocando división e confrontamento na sociedade", á parte de xerar "malestar e agravar a situación de crise que xa viven hoxe moitos sectores da sociedade, especialmente o cultural e o da hostelaría e a restauración". "Os sectores nos que está vixente o pasaporte covid estanse vendo obrigados a actuar como represores da clientela, están tendo que asumir custes extra derivados da medida pero, sobre todo, están arriscándose a altísimas sancións económicas por vulneración da RGPD e doutros dereitos fundamentais", inciden.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Maguferna

Nai de deus Lidiña, o de enterrar cornos vale pero isto xa é enfermizo.

1 DaTerra

O Pasaporte e o máis parecido que hai os créditos sociais en China. A ferramenta perfecta para controlar a toda a poboación mundial, e deixala sen dereito a ser libre. Si isto se instaura todas as persoas do planeta van a converterse en escravos dun sistema totalitario, controlado dixitalmente por non se sabe quen ! Nestes momentos están intentando impoñer isto en todos os países do mundo co pretexto da plandemia, nuns con máis resistencia onde o pobo está máis desperto, e noutros comulgando con todo o que nos din de facer, como en Galiza. Onde ninguén lle para os pes o ditador que nos goberna, dado que si fose un home democrático non faría o que fai. Pisando as leis elementais que nos permiten ser seres humanos libres, pisando as leis sanitarias deixándonos sen dereitos a defendernos, pisando as mentes da xente con coaccións e manipulación mediaticas. Toda unha forma de actuar propia dun ditador.

1 Sentidiño

Pensaba que a ferramenta perfecta para controlar toda a poboación mundial eran os chips imantados que nos inoculaban coa vacina...

2 Gamela

Copio e pego unhas liñas escritas hai case dous anos (2020-04-13) Como vexo que algúns falan da feira coma lle vai nela... Recordar que esta pandemia terá un 5% de mortos, un 15% de sustos UCI e un 80% que nin se van enterar de que tiveron a enfermidade (un par de días de febre) (?) Mentras non haxa vacina é o que hai... te poñas como te poñas as cousas habería que explicarllas á xente e non tomarlle o pelo con Homilias Dominicais (?) Aquelas homilías dos domingos non as daba precisamente Feijoo, senon un tal Pedro Sánchez Castejón. Daquela vivíamos en Estado de Alarma Permanente... lembrades do que falo ? Pois agora que temos vacinas por triplicado seica aínda non están contentes e queren provocar un Estado de Guerra ! A min ninguén me pediu permiso para enviar tropas ao Mar Negro !