Ana Miranda regala un marcapáxinas de Rosalía de Castro á nova presidenta de Honduras na súa toma de posesión

A responsable de Relacións Internacionais manterá encontros con representantes da Partido Libertad e Refundación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2022 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

A responsable de Relacións Internacionais do BNG, Ana Miranda, asistiu este xoves á toma de posesión da nova presidenta de Honduras, Xiomara Castro, e agasalloulle un marcapáxinas en homenaxe a Rosalía de Castro. "Como muller nacionalista e de esquerdas, é unha honra trasladar á presidenta electa de Honduras este símbolo tan querido no noso país", explicou Miranda, tras facer entrega do obsequio.

Segundo informa o BNG, esta viaxe a Honduras "reforza o internacionalismo" da formación, así como o seu "apoio ao proceso democrático" que está a atravesar este país centroamericano da man de Castro, de quen espera sexa "un punto de inflexión" cun novo Goberno de esquerdas.

Á parte de asistir á toma de posesión e de "participar nas diversas reunións bilaterais previstas na axenda oficial" para a transición do mando presidencial, entre outros actos, tal e como asegura o Bloque, Ana Miranda manterá encontros con representantes da Partido Libertad e Refundación, ao que pertence a nova presidenta, e outros colectivos.

A responsable de Relacións Institucionais do BNG, Ana Miranda, regala á nova presidenta de Honduras, Xiomara Castro, un marcapáginas de Rosalía de Castro.. BNG
A responsable de Relacións Institucionais do BNG, Ana Miranda, regala á nova presidenta de Honduras, Xiomara Castro, un marcapáginas de Rosalía de Castro.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 XUVU

Arruinouse toda co agasallo. Hai que ser cutre.

1 Riolo

¿Quien pagó esta nueva excursión de Ana?¿Fue en bussiness class o en clase turista?

1 Sentidiño

Pagar pagaría o Bng, imaxino, pero o agasallo é miserábel! Un marcapáxinas? Por que non as obras completas? Ou a edición de Aguilar, que é unha xoia? É unha xefa de estado, o que reciba vai ao patrimonio público... Se Kamala Harris sucedese a Biden, o Bng levaríalle un imán de neveira?