Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2022 | Actualizada ás 10:14
A Garda Civil do posto de Verín tomou declaración a un veciño de Castrelo de Abaixo, no municipio de Riós, como presunto autor dun delito de incendio forestal orixinado por unha neglixencia.
Segundo informaron fontes do Instituto Armado, o incendio ocorreu o pasado venres, entre as 16,45 e as 19,13 horas, e orixinouse despois de que este veciño realizase varias queimas de restos de folla e ourizos, nunha leira de castiñeiros da súa propiedade.
As chamas estendéronse ás leiras lindeiras e resultaron finalmente afectadas 2 hectáreas de monte baixo. As dilixencias foron trasladadas ao xulgado de instrución 1 de Verín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.