Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2022 | Actualizada ás 20:15
O Carballo de Conxo, que xa é Árbore do Ano 2022 en España, busca agora converterse tamén en Árbore Europea. O período de votación quedou aberto dende hoxe día 1 de febreiro e concluirá o vindeiro día 28, e durante este tempo tanto o Concello de Santiago como a Xunta e o Goberno central, desenvolverán unha campaña para tratar de que o histórico e simbólico carballo se convirta en referencia de todo o Estado. En palabras do rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, trátase de convertelo na "nova catedral".
O alcalde de Santiago recoñecía nun acto celebrado no día de onte que converter ao Carballo de Conxo en Árbore Europea "non é fácil". Pero, segundo calculaba, "temos estimado que a partir dos 100.000 votos podemos gañar". Por iso, o rexedor instaba non só aos composteláns, senón a todos os galegos e galegas, a votar por esta árbore que resistiu dende vagas de incendios ata a construción dunha autoestrada e a primeira liña de ferrocarril de Galicia.
O Carballo de Conxo foi ademais quen de presenciar o histórico 'Banquete de Conxo' e foi árbore de saúde mental para os pacientes de Conxo durante moitísimos anos. "Aquí non hai xurado profesional, todo depende do noso voto", ironizaba Sánchez Bugallo sobre a polémica do 'Benidorm Fest' para animar ás galegas e galegos a apoiar a candidatura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.