Atopan descalzo e desorientado un octoxenario perdido desde o xoves en Santiso

Foi localizado tras pasar a noite á intemperie.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/02/2022 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

Un octoxenario que se perdeu o xoves en Santiso (A Coruña) cando debía acudir a unha actividade foi localizado tras pasar a noite á intemperie.

Páxina web 112 Galicia.
Páxina web 112 Galicia.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o home foi atopado mollado, descalzo e completamente desorientado ao redor das 10,30 horas no lugar de Veiga, do concello coruñés de Melide.

Os familiares do home perdéranlle a pista o xoves, cando debía acudir a unha actividade lúdica en Ponche Arcedigo. Tras a chamada de alerta ao 112, activouse un dispositivo de procura no que participaron Garda Civil e voluntarios de Protección.

Ao redor das 10,30 horas deste venres, un particular chamou ao 112 para avisar que o home fora visto na Veiga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta