A Organización Galega de Comunidades de Montes recolle sinaturas para protexer o monte comunal

As comunidades de montes piden o apoio da cidadania para acadar unha lei que protexa os montes comunais galegos do expolio da industria madeireira.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/03/2022 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

A Organización galega de Comunidades de Montes denuncia que a Consellería de Medio Rural pretende, mediante os cambios lexislativos promovidos polo Partido Popular, que empresas de diverso índole (forestais, madeireiras, eólicas, mineiras...) poidan quedar coa xestión de montes veciñais e comunais.

Monte comunal
Monte comunal | Fonte: ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES.

A Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola ORGACCMM tenta frear este latrocinio dos montes veciñais. Neste senso, un dos puntos principais da ILP é reforzar o carácter xermánico da titularidade veciñal, considerando a veciñanza como único requisito para ter a condición de veciño/a comuneiro/a.

Tamén buscan que se recoñeza o monte veciñal como unha titularidade distinta, pero en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. Outra reivindicación que recolle a iniciativa lexislativa é a declaración dos montes veciñais como unha figura de protección medio ambiental e cultural en si mesma.

A Organización Galega de Comunidades de Montes quere un monte comunal multifuncional e sustentabel ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega no seu conxunto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta