Mulleres activistas de Honduras explican en Galicia os problemas da sobrexplotacion de recursos naturais

Fixérono da man das ONGD Enxeñería sen Fronteiras e Amigos da Terra.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/04/2022 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

Tres mulleres activistas do sur de Honduras visitan Galicia esta semana da man das ONGD Enxeñería sen Fronteiras e Amigos da Terra para mostrar "a realidade do seu país" e visibilizar as problemáticas globais relacionadas coa sobrexplotación de recursos naturais, que afectan especialmente os países empobrecidos (extracción de materias primas, produción de enerxía e explotación da terra, entre outras).

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, recibe a tres mulleres activistas do sur de Honduras
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, recibe a tres mulleres activistas do sur de Honduras | Fonte: Xunta de Galicia.

Fano no marco do proxecto de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global 'Mulleres bravas de Honduras e Galicia: Tendendo pontes entre defensoras da vida', executado polas ONG e que é financiado pola Xunta de Galicia desde 2021.

Deste xeito, a través da conexión das realidades de Honduras e Galicia, abordan obxectivos como a reflexión sobre os impactos ambientais e sociais do actual modelo de consumo e desenvolvemento, así como alternativas sustentables de xestión dos recursos que exemplifiquen que outro modo de producir, consumir e vivir é posible.

Este luns participaron nun encontro co director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo. Segundo trasladou a Xunta, Gamallo puido coñecer de primeira man a realidade da zona, a través do testemuño deste tres mulleres que desde hai anos lideran a defensa dos recursos naturais, da economía social e dos dereitos humanos das comunidades que viven no Golfo de Fonseca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta