No conxunto do Estado non se está a avaliar na súa gravidade real o escándalo da espionaxe a medio do programa Pegasus a 65 cidadáns cataláns e 2 vascos.Unha espionaxe que semella só puido ser desenvolvido polo CNI, polos propios servizos estatais de información, pois que esta aplicación non se vende a clientes que non sexan Estados. A dimensión, intensidade e extensión cuantitativa do fenómeno e máis a súa duración, que abrangue dende o Goberno de Rajoy no 2015 ao actual de Pedro Sánchez, polo menos até finais de 2020, fai moi improbábel que todas e cada unha das actuacións recibiran o validamento “ad hoc” do maxistrado do Tribunal Supremo estatal ao que a Lei reguladora do CNI lle atribúe o control xudicial.