O Regueifa Tour 24-25 arrinca este venres en Redondela

Chega con moitas sorpresas e o espectáculo terá como tema central a saúde mental.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/10/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Regueifa Tour chega a Redondela o vindeiro 11 de outubro, ás 19.00, no Multiusos, da man da Asociación Lenda de Saúde Mental, co obxetivo de reunir nunha festa regueifeira á xente nova da comarca. Ademais das cinco regueifeiras do Regueifa Tour participarán o grupo As Tareixas, Raquel a Doallo, Os Ferraias da ETEA e algunha sorpresa máis.

Arrinca o Regueifa Tour 24-25
Arrinca o Regueifa Tour 24-25

As Tareixas é un grupo redondelán, -integrado por un pai, José Manuel Díaz, e as súas fillas, Omara e Román, que o pasado curso participou na final do concurso “Quero Cantar” e xa participaron en diversos eventos como o Festival de Rúa de Redondela ou a festa Punkativada de Souto Maior. O lema do  Regueifa Tour 24-25 é “Regueifa, Retranca e Revoluçom” e este primeiro espectáculo ten como tema central a saúde mental.

O REGUEIFA TOUR

O Regueifa Tour é unha xira de improvisación oral cantada impulsada por un grupo de regueifeiras adolescentes. Na edición anterior o Regueifa Tour visitou Vigo, O Courel, Vilalba, Vila de Cruces, Viana do Bolo, Moaña, Compostela, no País Vasco, Donosti, Derio e Lekeitio, e en Cataluña, o Festival EbreFolk. Ademais, o Regueifa Tour actuou nos festivais de Pardiñas e Burla Verde e acompañou o grupo Dakidarria no concerto que abriu as festas do Apóstolo na Praza da Quintana, en Compostela.

O Regueifa Tour ten como obxectivo reunir xente nova arredor da regueifa e colaborar a colocar a nova regueifa no sistema cultural da música galega. As Regueifeiras do Regueifa Tour son rapazas entre 12 e 15 anos que regueifan desde sempre: son regueifeiras nativas, aprenderon a regueifar ao mesmo tempo que a falar. Reúnense semanalmente para improvisar sobre diversos temas e experimentar innovacións para a regueifa.

As regueifeiras do Regueifa Tour  con outras regueifeiras no Festival de Pardiñas
As regueifeiras do Regueifa Tour con outras regueifeiras no Festival de Pardiñas | Fonte: Cedida

Como espectáculo, o Regueifa Tour contén desde regueifa tradicional até novas influencias como bases electrónicas, xogos de humor ou temas reivindicativos vinculados aos movimentos sociais. É unha aventura dunhas adolescentes, -co coidado das súas famílias-, impulsada polo activismo da defensa da língua e da regueifa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta