O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras do Entroido de Carguizoi da man de Manuel, o 'alcalde' da aldea, así nomeado de broma polos veciños, que nos conta as novidades deste ano, no que ademais de Felo e Fiadeiro houbo tamén a representación do Reinado.
  comenta   0
Nihal e Wiame son de Marrocos, pero tamén galegas. Gústalles a súa lingua nai, pero tamén a súa lingua de acollida, o galego. O proxecto Mátrix, do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, pretende achegar o árabe ao galego.
Aínda que todos temos unha concepción material e funcional dos hórreos, dende o GC queriamos coñecer tamén a súa parte máis espiritual e inmaterial, e facémolo da man da antropóloga Ana Isabel Filgueiras.
  comenta   0
Chega con moitas sorpresas e o espectáculo terá como tema central a saúde mental.
  comenta   0
Será este sábado e agárdanse moitas sorpresas, con temas sociais presentes relacionados con Palestina ou Altri.
Alumnos de 3º da ESO do IES Marcos de Camballón saíron na procura deste animal durante unha xuntanza de regueifa que organizaron cos institutos de Vilalba, Monforte, Vila de Cruces, O Courel e Caldas de Reis.
  comenta   0
As Regueifeiras da Semente estarán na Casa da Mocidade acompañadas das improvisadoras Sara Marchena e Tegra do Courel.