Os amantes da improvisación cítanse este sábado en Padrón no Encontro regueifeiro interxeracional

A Asociación Oral (de Improvisadores/as Orais en verso) realiza este acto na emblemática Casa de Rosalía de Castro.

Por Galicia Confidencial | | 02/02/2024 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A Asociación Oral (de Improvisadores/as Orais en Verso) anuncia un acto histórico que terá lugar este sábado 3 de febreiro ás 11:00 horas, na emblemática Casa de Rosalía de Castro en Padrón. Alí mais de 40 improvisadoras/es de todas as idades e puntos da Galicia xuntaranse neste lugar cargado de historia para celebrar unha asemblea anual e o primeiro Encontro Interxeracional Regueifeiro.

Encontro Regueifeiro Interxeracional
Encontro Regueifeiro Interxeracional | Fonte: Asociación Oral

Segundo describen desde a asociación será un momento para compartir experiencias, coñecementos e paixón pola regueifa, unha forma singular de improvisación oral en verso que perdura no tempo. O prato forte da xornada será o encontro de improvisación, que comezará ás 16:00 horas no mítico bar Casa Manolo. Este espazo acollerá improvisadoras/es de todas as idades, creando un ambiente único de intercambio cultural, emocional e xeracional. 

A asociación Oral destaca que este evento supón unha oportunidade única para unir ás persoas amantes da improvisación oral. E nun lugar de ensoño, a Casa de Rosalía de Castro, berce da inspiración poética, que será testemuña da creatividade e habilidade das persoas participantes, convertendo esta xornada "nunha experiencia inesquecible". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta