Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/01/2024 | Actualizada ás 10:00
A Escola Semente presenta un documental, que aborda o paralelismo entre as primeiras Escolas de Ensino Galego creadas polas Irmandades da Fala antes da Guerra Civil e as escolas autoxestionadas Semente de agora.
O documental está producido por Aqueladas S. Cooperativa e co-financiado pola Deputación da Coruña. Indaga nas motivacións do grupo irmandiño para fundar unha escola na que inculcaría a "verdadeira conciencia galega ás xeracións futuras", así o expresa a profesora Sabela Rivas. Ademais tamén se achega á realidade doutros pobos de Europa.
O REGUEIFA TOUR NO PAÍS VASCO
As Regueifeiras da Semente, -alumnas da Escola de Regueifa da escola autoxestionada Semente de Compostela-, están realizando unha xira por diferentes vilas e cidades galegas e portuguesas no seu “Regueifa Tour” e agora chegan tamén ao País Vasco para levar a alegria de cantar á comunidade galega na Casa da Galiza, de Donosti, ademáis das actuacións no centro social Marikobaso, de Dério e no Azkue Aretoa, de Lekeitio.
O Regueifa Tour acompaña esas presentacións no País Vasco, xa que elas estudaron na Semente e estan no obradoiro de regueifa os mércores pola tarde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.