España agarda avances para recoñecer o catalán, vasco e galego na UE nos vindeiros meses

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2025 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

O secretario de Estado para a Unión Europea, Fernando Sampedro, sinalou este martes que España espera lograr avances os próximos meses no recoñecemento do catalán, o eúscaro e o galego como linguas oficiais da UE, e apuntou que a "intención" do Goberno é que o asunto chegue á mesa dos ministros europeos antes de verán.

"Espero ter reunións coa presidencia polaca durante o mes de febreiro para poder seguir avanzando e sexa un tema no que podamos seguir avanzado de maneira significativa neste semestre", afirmou en declaracións á súa chegada á reunión en Bruxelas. Sampedro reiterou que o Goberno mantén como "prioridade" que a UE dea o paso de recoñecer a linguas cooficiais e seguirá defendendo esta iniciativa "con moita forza".

Respecto de que o asunto volva á mesa dos ministros de Asuntos Europeos, o secretario de Estado insistiu en que a "intención" de España é que durante a presidencia polaca, ata xuño, a oficialidade do catalán, o eúscaro e o galego estea na axenda do Consello de Asuntos Xerais.

España tratou durante a súa presidencia de quenda do Consello a petición de modificar o regulamento comunitario para a oficialidade na UE das linguas cooficiais en España, aínda que a cuestión saíu das reunións unha vez acabou a súa presidencia e regresou brevemente a nivel de ministros en marzo de 2024 cando España presentou ao resto de socios comunitarios un memorando para defender as especificidades do caso español e argumentar que o tres linguas cooficiais son parte da "identidade nacional" de España e, por tanto, requiren da protección da UE.

O secretario de Estado da Unión Europea, Fernando Sampedro, durante a súa comparecencia na Comisión Mixta para a Unión Europea, na Sala Pri do Congreso dos Deputados
O secretario de Estado da Unión Europea, Fernando Sampedro, durante a súa comparecencia na Comisión Mixta para a Unión Europea, na Sala Pri do Congreso dos Deputados | Fonte: jesús Hellín

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta