Temas: FRASEOLOXíA

“Ver as estrelas # o ceo habaneiro # a Deus por un burato”, equivalentes, entre outras, á castelá “ver las estrellas”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 26/01/2025 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Naqueles casos en que unha persoa sente unha dor física moi intensa, en castelán acostúmase a dicir que esa persoa ve las estrellas.

A chvuia de estrelas ou bágoas de San Lourenzo
A chvuia de estrelas ou bágoas de San Lourenzo | Fonte: EP

En galego, amais do transunto da expresión castelá, contamos tamén con outros fraseoloxismos, algúns dos cales se expoñen a seguir:

Ver las estrellas

{= Sentir alguén unha dor física moi intensa.}

Ver as estrelas

Ver o ceo habaneiro

Ver o lume

Ver a Deus

[E MAIS]:

Ver a Deus por un burato

Ver a Deus por un cribo

Ver a Deus polas pernas

Ver a Deus polo cu dunha agulla

Ex.: El esguince de tobillo no me dolió mucho, pero cuando pillé con la puerta el dedo meñique sí que vi las estrellas.

A escordadura do nocello non me doeu moito, pero cando trinquei coa porta o dedo maimiño si que vin as estrelas si que vin o ceo habaneiro si que vin o lume si que vin a Deus (por un burato por un cribo polas pernas polo cu dunha agulla).

NOTA:

As expresións e solucións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Requeixo Cuba, Armando: “Sobre fraseoloxía galega: algunhas mostras da área mindoniense”. Cadernos de Lingua, 9, 1994, páxs. 89-110.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta